Os sadenses Los Santos regalan o seu novo disco polo Día das Letras Galegas

Os sadenses Los Santos regalan o seu novo disco polo Día das Letras Galegas

Los Santos, os reis do punk-twist, regalan o seu novo disco con motivo do día das Letras Galegas: "Los Santos cantan en galego". O traballo dos sadenses, que quedará en descarga libre o día 17 de maio a partir das 10.00 horas, recolle moitas das cancións en galego do trío ao longo da súa dilatada carreira. 

 

Clásicos como "Sardiñada" ou "O mal da cereixa" quedarán en descarga libre para todos aqueles que o desexen. O traballo, composto por 12 temas, poderase descargar totalmente de balde no seu bandcamp.

 

Lendas vivintes do underground, Los Santos foron definidos pola prensa especializada como “Os Cramps galegos”. Pioneiros do rock en galego, Los Santos foron a primeira banda en gravar un disco en directo no cárcere: Teixeiro Prison Blues. Teloneiros de The Meteors, Los Santos asaltaron a MTV grazas ao seu videoclip Tony Montana. Actualmente traballan nun novo disco e buscan festivais valentes que os leven a tocar para completar a súa xira “Old glories”. 

Os sadenses Los Santos regalan o seu novo disco polo Día das Letras Galegas

Te puede interesar