Tono, no Kiosko Alfonso

Antonio Galán Fuentes (Santiago de Compostela,1867) de nome artístico Tono  ofrece no Kiosko Alfonso  un percorrido de tres décadas pola súa creación, co significativo título de “TONO. NON FINITO” que alude  a que aínda segue embarcado na percura de novos  achádegos, pero sobre todo refírese ás súas fontes de inspiración e ao seu xeito de traballar, creando obras que deixan abertas as portas da imaxinación. Por eso, as formas que crea non teñen configuracións pechadas, senon que se van artellando, a miúdo, como xeometrías de suxerencias antropomorfas que dan a sensación de estar en transformación, en conexión con obxectos alleos ou con outras realidades ou agardando posibles encontros. Esto é visible, por exemplo, nas dúas versións de “Cabeza con escaleira”: unha aérea escultura construida con aramios de ferro e un óleo de tons suaves en esfumato. Dous autorretratos seus, un en madeira de bidueiro de 1992, que semella un vello orante, e outro de cobre forxado de 2007, que configura un perfil expresionista pechando un hoco, falan tamén deses outros posibles descoñecidos que un encerra.. As esculturas “Zeuxis”,” Inventor de bágoas”, “Heroe”, “Escravo dos cartos” ou “Meu probe”, entre outras, dan fe tamén desa súa capacidade para facernos ver máis alá do real, con  estilizados elementos mínimos  Unha característica importante  da súa creación é cómo consigue artellar resonancias míticas e arcaicas, especialmente da cultura africana que tanto admira,  con aspectos das tendencias da modernidade ; cubismo, expresionismo, xeometría, abstracción, etc dun xeito totalmente novedoso e singular, que demostra que pertence a esa clase de artistas tocado pola gracia dun numen especial, que o mesmo consegue transmitir a potencia dos antigos tótems que o fai dialogar cos contemporáneos .Un aspecto importante é o manexo de elementos gráficos de gran soltura e gracilidade que, a veces, combina co expresionismo, como  na serie de litografías “ Liberdade”, “El buen salvaje”, “Gli amanti”, “Eldorado”, “Narcissus” ou “Grotteschi in un giorno nuvoloso”. Un dos apartados máis novedosos é o percorrido que fai pola historia da arte que comenza cunha homenaxe á arte africana e segue facendo paráfrases de obras de grandes mestres Durero, Velázquez, Rubens , Goya, Sorolla, Rodin, Klee, Picaso, entre outros, Así, converte “A Gioconda” de Da Vinci nuha especie de espellísmico globo; “A avaricia” de Arcimboldo devén un alongado perfil feito de billetes;” O cabaleiro da man no peito” de Velázquez queda transformado en tres figuras xeométricas: un triángulo negro por peito, un circulo branco por gorguera e un alongadísimo triángulo gris por cabeza.”O quitasol” de Goya transmútase nun escenario que recorda a Klee. “A sorpresa do trigo” de Maruja Mallo pasa a ser unha táboa cor terra cun centro formado por catro mans cruzadas. En toda a súa obra, o visible e o invisible colaboran para crear evocacións  e abrir buratos e pórticos cara ultra-realidades, deixando nos ollos embruxadoras auras.

Tono, no Kiosko Alfonso

Te puede interesar