Setenta anos de Chichi Campos

Co título de “Xesús! Setenta anos de Campos” e comisariada polo seu fillo Nico Campos, a Fundación Luis Seoane fai un percorrido retrospectivo pola obra do humorista gráfico Xesús Campos (Tenerife, 1952- Santiago 1991). A súa figura tivo un destacado papel na gráfica do humor, nos anos da Transición, reflectindo con agudo inxenio os acontecementos sociais e políticos daqueles anos. Inicia a súa andaina pública con 20 anos; en 1973 participa na mostra “Arte xoven de Galicia”, en 1974 publica  A cova das choias que é considerado como o primeiro comic galego. O mesmo ano, expón con Xaquín Marín e Reimundo Patiño nunha mostra que percorre varias vilas de Galicia, Madrid e Barcelona, Será director da  galería Sargadelos de Santiago de 1978 a 1984, en 1984 intégrase no estudo de deseño  B, C & D; en 1986 comenzará a facer guións para a televisión de Galicia. Máis de 300 pezas (algunhas inéditas) dan testemuña do seu compromiso e do seu afíado e transgresor humorismo que, por unha banda, sirve de enlace coas posturas intelectuais galeguistas  e, por outra, reflicten a modernidade emerxente dos 80..A exposición organízase en 10 seccións, a primeira das cales “Chichi Campos as himselt” recolle fotos de momentos clave da súa vida. A súa militancia comunista e o posterior desencanto ( en 1974 abandona o partido) aparecen no  apartado “Bolchevismo”, documentado con xornais, carteis e retratos, entre os que figura o de Rafael Bárez. En “O outro “XESÚS”, él, que foi criado nunha familia relixiosa, pon en cuestión, con agudo gracexo, aspectos do catolicismo: os sermóns dos curas, a confesión ou os dogmas. “Convertendo a Castelao en algo fácil de asubiar” da fe da súa relación cos  mestres do galeguismo: Díaz Pardo, Seoane, Blanco Amor, etc, pero tamén coa cultura emerxente dos Oroza ou Lois Pereiro, fai caricaturas de persoeiros como Filgueira Valverde ou  Carballo Calero ou desacraliza a outras, como si quixera alixeirar o pesado fardo do seu papel. “ O mundo segundo Chichi” recolle os conflictos dos 80: folgas de Astano, Mercado Común, emigración a Europa, os PNN, os problemas agrarios, a lingua( toponimia, nomes...). En “ De vote en vote”   caricaturiza estereotipos políticos da democracia, como os votos, os candidatos dos partidos aos que lles medra o nariz, como a Pinocho, ou o Pacto da Moncloa que converte nun “patito feo”. O apartado “Quiosco” recolle as publicacións de humor nas que a súa participación foi fundamental, como , “Carallo 29” , “Can sen dono” e o orixinal de “A cova das choias”. A súa versatilidade creadora e o continuo diálogo que establece entre entre lingua, mensaxe e forma pode verse en “Non paraba de debuxar”, ilustrado, entre outras, con caricaturas de Beiras, Ferrín, Bodaño, Díaz Pardo.... A sección “Catodicismo” achéganos os seus traballos para a TVG, como “Máis Ozono” ou “Adivña quen ven esta noite”. Decía Samuel Beckett que o humor  é unha cualidade do amor, do que tamén da fe a incisiva  e amable ironía de Chichi.

Setenta anos de Chichi Campos

Te puede interesar