María Meseguer, en Alexandre Bóveda

A Fundación Alexandre Bóveda acolle a mostra “Ás aforas dunha cidade extranxeira” da fotógrafa María Meseguer (Madrid, 1966), graduada en fotografía polo International Center of Photography de Nova York e cunha traxectoria  exitosa, tanto pola importancia das mostras realizadas como polos seus traballos para  ARCO, Fundación Paideia,  Residencia de Estudiantes de Madrid , entre moitos outros..O singular título da mostra ( sacado dun texto de John Berger) sitúanos xa de contado no territorio da extrañeza e na importancia da ollada, pois calquera lugar coñecido, neste caso a cidade da Coruña, ten recunchos insólitos nos que habita a sorpresa e nos que se abren fiestras cara lecturas máxicas. Este xeito de ver facendo descubrimentos maravillosos do aparentemente anodido e mesmo vulgar é unha característica dos verdadeiros artistas e se este manexa unha cámara, como María Meseguer, ten a gracia de facer enfoques extraordinarios onde a luz e as sombras artéllanse para configurar composicións cheas de suxerencias de enorme carga plástica e poética. Así, lévanos de viaxe pola imaxinación creadora e convirte as súas fotos en auténticos cadros articulados con perfectos ritmos, que as veces teñen unha enorme carga simbólica e outras configuran xeometrías dignas das abstraccións do constructivismo.ou mesmo do mínimal, sin excluir certos guiños surrealistas. Demostra que a súa ollada está aberta a todos os posibles que en cada fachada, en cada parede, en cada esquina  agarda un numen inspirador para quen sabe ver. Así, as manchas brancas nun muro convértense en  fermosas “Plantas”; as ondulacións verdosas dun aramio entre luces douradas poden configurar un “ Paisaxe xaponés”; “Azul e sombras” descúbrenos que pode haber boscaxes misteriosos na humedade das aceras;  “Estanque” recolle un non menos enigmático espazo a contraluz de sombríos reflexos que semellan ramiñas flotantes.. Hai unha serie de obras nas que, valéndose  de atinados recortes e de xogos estudiados de luces e sombras, enfoca planos de portas, persianas, edificios ou anacos de fachadas que constituen auténticas abstraccións, a miúdo  marcadas pola xeometría e os contrastes de cor. Esto é o que se pode ver en “Medianeras”, “Azulexo verde”, “Sombras en pico”, “Cartulina verde”, “A porta gris”, “Silla torcida” ou “Línea verde”, nos cales, aínda sendo recoñecible o espazo inspirador, aparece transformado nun xogo de raias e planos de cor contrastados. Outras veces, , como en “Cortina concreta” o matérico e opaco aparece en contrapunto co transparente que deixa adiviñar o que hai detrás ou máis alá. A realidade espellísmica e cambiante, por efecto da proxección dos reflexos  e dos claroscuros, ten unha presencia fundamental, como mostra en “Enreixado e sombras” ou “Luces no escaparate”.Di Javier Trigales, no texto de presentación “...cada fotografía súa expón outra realidade posible”, pois o que fai cos seus enfoques é transfigurar  o real que está aí para mudalo  en obra de arte.

María Meseguer, en Alexandre Bóveda

Te puede interesar