O sector bovino benefíciase dunha rebaixa do 30% nas doses de Xenética Fontao

O sector bovino benefíciase dunha rebaixa do 30% nas doses de Xenética Fontao
O director, Jesús Vázquez, trasladou á conselleira Ánxeles Vázquez novidades como a rebaixa do 30% este ano no custe das doses de seme que solicitan os gandeiros | aec

A xunta xeral do centro dependente da Consellería do Medio Rural Xenética Fontao reuniuse para facer balance das contas económicas do pasado ano. Neste encontro, o director, Jesús Vázquez, trasladou á conselleira Ángeles Vázquez novidades como a rebaixa neste ano do 30% no custe das doses de seme que solicitan os gandeiros.
Todo o sector bovino beneficiarase deste descenso de prezos nos servizos que ofrece esta empresa pública. De feito, ata 3.000 explotacións en control leiteiro xa se viron favorecidas por esta baixada de prezos.


As granxas que asumen o control oficial de rendemento leiteiro están sometidas a visitas mensuais nas que os técnicos recollen todo tipo de información para mellorar a eficacia produtiva dos animais das mesmas.
 

Programas de selección
Este control oficial dá como resultado datos e documentos obxectivos que poden ser utilizados no cálculo de índices xenéticos para os programas de selección, ao tempo que proporciona ao gandeiro información valiosa para a toma de decisións no control da produción, manexo, alimentación e selección de reprodutores da súa gandaría.


Esta modificación nos custos dos servizos puido levarse a cabo grazas aos bos resultados económicos rexistrados por Xenética Fontao o pasado ano e que supuxeron un balance positivo de 400.000 euros, tal e como se trasladou no encontro e no que tamén estivo presente a directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo.


Xenética Fontao é unha empresa pública creada en 1998 e ten financiamento conxunto da Xunta, a través do Fonde Galego de Garantía Agraria (Fogga) e as asociacións gandeiras como Federación Frisona Gallega (Fegriga) e a Asociación Nacional de Criadores de Ganado Vacuno Selecto de la Raza Rubia Gallega (Acruga).

O sector bovino benefíciase dunha rebaixa do 30% nas doses de Xenética Fontao

Te puede interesar