11:08 h. Lunes, 21 de mayo de 2012

 

A celebración desta data implica a diferentes sectores educativos, institucionais e culturais na convocat

| Actualizado 21 Febrero 2012 - 00:15 h.

A Dirección Xeral da Unesco é a encargada de lanzar o chamamento á participación no Día Internacional da Lingua Materna, pero corresponde á totalidade de sectores implicados o desenvolvemento de iniciativas neste sentido. Os diferentes estados, a través das súas asociacións e institucións nacionais, son a clave para difundir a mensaxe e lograr os obxectivos que se persiguen nesta data, así como os medios de comunicación, as escolas, as universidades, as asociacións culturais...

Algunhas das iniciativas que se poden desenvolver teñen como escenario a escola, donde a multiculturalidade dos alumnos pode beneficiar a todos. Os mestres poden animar aos nenos que teñen unha lingua materna diferente á que se emprega na escola a mostrar a súa cultura aos outros alumnos por medio de contos, cancións, historias...

Esta iniciativa tamén se pode desenvolver no ámbito da Universidade, donde se xuntan moitas culturas e idiomas diferentes e se poden organizar actividades variadas para dar a coñecer esta riqueza a través de películas, obras de teatro, actividades musicais...

En Galicia, A Xunta celebra esta data desde 2010. Este ano terá lugar un acto institucional en colaboración coa Deputación de Pontevedra na escola infantil da Cidade Príncipe Felipe da capital pontevedresa.

O programa comezará cun concerto “Arrolos no colo da fala”, no que os membros do grupo Berrogüeto Xabier Díaz e Guillerme Fernández interpretarán as pezas do disco “No colo da fala”, editado pola Xunta no marco do programa de dinamización lingüística “A xeración dos Axóuxeres”, co fin a fomentar o uso do galego nas primeiras idades e a transmisión lingüística familiar.

Vota esta noticia:
- 0 Comentarios
Más acciones:


El Ideal Gallego en la red



Lo + en El Ideal Gallego