Dentro do bilingüismo están claros os conceptos de lingua primeira e segunda lingua, pero aparecen outros novos co desenvolvemento da sociedade e do seu nivel de aprendizaxe e uso dos diferentes idiomas.
Termos como a lingua que máis se domina, coa que máis se identifica cada individuo..., están menos difundidos e poden dificultar a estandarización dos indicadores sociolingüísticos.
Os últimos datos do mapa sociolingüístico de Galicia indican que o 36,2 por cento dos galegos de entre os 15 e os 54 anos aprenderon a falar só en castelán, mentres o 25,9 por cento aprendeu a falar maioritariamente en castelán. Pola contra, o 20,6 por centro fíxoo só en galego e o 15,1 por cento preferentemente en galego.
Más acciones:





Más opciones




