A Xunta aplicará en 2016 máis de 360 millóns en beneficios fiscais para os cidadáns

A Xunta aplicará en 2016 máis de 360 millóns en beneficios fiscais para os cidadáns

A Xunta de Galicia aplicará en 2016 beneficios fiscais para familias, fogares e empresas por un importe de 364 millóns de euros, o que supón un incremento do 13,3 por cento respecto ao actual exercicio. Así aparece recollido no proxecto de Orzamentos da Xunta para 2016, aprobado esta semana e que agora inicia a súa tramitación parlamentaria.
Os beneficios fiscais son unha estimación do impacto que teñen as medidas de política económica e social da Xunta nos tributos autonómicos. É dicir, son cartos que a Administración galega deixa de recadar e que quedan a disposicións de cidadáns e empresas. Hai que ter en conta que do total de beneficios fiscais en 2016, preto do 90 por cento son de carácter social, incluídas todas aquelas deducións que se aplican aos fogares con menos rendas.

Rebaixas fiscais
Nas bonificacións que se aplicarán en 2016 terán un impacto especial as rebaixas fiscais aprobadas pola Xunta de Galicia nos seus Orzamentos, que se centran en tres ámbitos: o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), o Imposto sobre Sucesións e un programa específico de impostos no rural. Esta rebaixa terá un impacto estimado de 140 millóns de euros, o que a converte na maior rebaixa fiscal da historia da Autonomía.
No IRPF, a Xunta de Galicia aplicará unha rebaixa de carácter progresivo no seu tramo autonómico que vai beneficiar ao 98,5 por cento dos contribuíntes galegos, cun aforro estimado de ata 380 euros ao ano por contribuínte. A rebaixa fiscal neste imposto notarase máis nas rendas baixas e medias, e en todo caso situará a Galicia entre as comunidades coa menor tributación nestas rendas.
En canto ao Imposto sobre Sucesións, a Xunta elevará o mínimo exento de tributación a 400.000 euros a partir do vindeiro 1 de xaneiro. Deste xeito, o 99 por cento dos galegos non terán que pagar este imposto no momento en que herden como fillos, pais, avós, netos ou cónxuxes, e o un por cento restante pagará menos. Galicia sitúase tamén entre as comunidades coa tributación máis baixa neste imposto.
Finalmente, no ámbito rural complétase un programa de impostos cero para favorecer a actividade neste eido. Deste xeito, ningunha transmisión de fincas en solo rústico pagará imposto de transmisións patrimoniais.Ademais, deixará de tributar a transmisión ou ampliación de explotacións agrarias, mentres que as agrupacións de fincas rústicas tampouco pagarán o imposto de Actos Xurídicos Documentados.

A Xunta aplicará en 2016 máis de 360 millóns en beneficios fiscais para os cidadáns

Te puede interesar