O mercado de vehículos usados en Galicia subiu un 10,8% ata abril

 O mercado de vehículos usados na Comunidade autónoma de Galicia rexistrou un incremento do 10,8% ata o mes de abril.

Segundo datos da Asociación Nacional de Vendedores de Vehículos a Motor, Pontevedra é a provincia galega que rexistrou un maior número de operacións.

As vendas de vehículos de ocasión en Galicia ata o mes de abril achegouse ao 11%, con 33.972 unidades. En España, o mercado de vehículos de ocasión creceu un 12,8%, ata as 586.981 unidades.

Nunha análise por provincias, Pontevedra foi a que maior incremento rexistrou nas súas vendas ata abril, cunha suba do 13,6% seguida da Coruña, cunha suba do 11,9% no que levamos de exercicio.

Por detrás, situáronse Lugo (+9,0%) e, por último, Ourense (+0,3%). EFE

O mercado de vehículos usados en Galicia subiu un 10,8% ata abril

Te puede interesar