Máis de 850 participantes na carreira do Ventorrillo

Máis de 850 participantes na carreira do Ventorrillo
Será a quinta edición dunha carreira que comezará maná ás 10.30 horas na rúa Alcalde Jaime Hervada desde barrio herculino | quintana

A Concellería de Mobilidade Sostible informa que mañá despregará un dispositivo especial de tráfico co gallo da celebración da V Carreira Popular do Ventorrillo, a última das citas do circuíto municipal Coruña Corrre desta tempada e que contará coa participación de 856 persoas.


A proba, cuxa carreira da categoría absoluta comezará ás 10.30 horas, terá a súa saída e meta na rúa Alcalde Jaime Hervada, polo que se establecerá un corte total á circulación do tráfico nesta vía, desde o cruzamento con Alcalde Salorio Suárez até a vía Alcalde Peñamaría de Llano, entre as 8.00 e as 14.00 horas.
Unha vez finalice a proba absoluta, e a partires das 11.30 horas, celebraranse as respectivas carreiras das categorías xuvenil, cadete, infantil, alevín, benxamín e prebenxamín.

Treitos sobre terra
No caso da categoría absoluta, o grupo percorrerá nun circuíto de máis de 5.500 metros que incluirá treitos de camiño de terra. Así, tras realizar dúas voltas ao anel comprendido entre as rúas Alcalde Jaime Hervada, Mosteiro de Caaveiro e Alcalde Salorio Suárez, dirixirase cara os lugares da Gramela, Penamoa Cances, e Silva de Arriba. De cara ao inicio desta carreira, e a finalización da mesma, será necesario cortar, polo tanto, o acceso aos vehículos no anel do Ventorrillo (comprendido entre as rúas Alcalde Jaime Hervada, Mosteiro de Caaveiro e Alcalde Salorio Suárez) entre as 10.15 e as 11.00 horas. Neste tramo, tamén estará prohibido desaparcar na mesma franxa horaria, ao igual que no aparcamento situado fronte ao centro sociocultural Ágora.


O percorrido da proba absoluta tamén afectará ao tráfico da DP-3003, polo que será necesario o corte total, entre as 10.30 e as 11.30 horas, da estrada de San Pedro de Visma a Mazaido, entre San Pedro de Visma e Camiño de Visma A Gramela, e o estacionamento do parque de Bens.


Os dorsais para participar na V Carreira Popular do Ventorrillo poderán recollerse hoxe, de 11.00 a 13.30 horas, e de 17.00 a 20.30 horas, no local da asociación veciñal do barrio. Tamén será posible facelo o mesmo día da carreira, desde as 9.00 e até unha hora antes da saída de cada carreira, na mesma localización. As e os participantes contarán con duchas no polideportivo municipal do Ventorrillo, (o servizo de gardarroupa estará localizado na asociación veciñal) e a entrega de premios terá lugar a partir das 12.15 horas (unha vez finalicen as probas de todas as categorías) na zona de meta.


A carreira de mañá pechará a quinta edición do Circuíto Coruña Corre, que percorreu os barrios de Novo Mesoiro, Os Rosales, Matogrande, Adormideras e a contorna da Torre de Hércules, San Pedro de Visma e Oza, nun ano de novo marcado pola baixada do prezo da inscrición e as bonificacións a distintos colectivos.

Máis de 850 participantes na carreira do Ventorrillo

Te puede interesar