Gómez Noya gaña no circuíto dos Xogos de 2016

Gómez Noya gaña no circuíto dos Xogos de 2016
BRA25. RÍO DE JANEIRO (BRASIL), 02/08/15.- Javier Gómez Noya de España cruza primero la meta hoy, domingo 2 de agosto de 2015, durante la prueba de triatlón en el evento de clasificación para los juegos olímpicos

Triunfo inapelable de Javier Gómez Noya no Test Olímpico, que se celebrou en Río de Janiero. Foi unha vitoria excepcional, fronte aos mellores triatletas do mundo e na que o galego estivo sempre ben colocado e atacou na carreira a pe para chegar en solitario á liña de meta. 
Tamén hai que destacar a undécima posición de outro galego, Fernando Alarza, que veu remontando dende o segundo grupo e logrou un magnífico undécimo posto.
Gómez Noya amosou a súa veteranía en todo momento. Sempre estivo onde quería, controlando a carreira dende as primeiras posicións. Sabe Javi o importante que é non quedar descolgado na bicicleta, porque despois recuperar o tempo perdido é moi complexo. 
Así, saíu entre os primeiros das quentes augas da praia de Copacabana, tras percorrer 1.500 metros, e logrou crear un grupo de cabeza formado por 11 deportistas que foi abrindo oco a medida que caían os quilómetros. Como compañeiros de escapada deportistas de renome coma o vixente campeón olímpico, Alistair Brownlee, Richard Varga, Vincent Luis, Royle ou Schoeman. Por detrás, no segundo grupo, Alarza e outros dous españois participantes, Mario Mola e Cesc Godoy.
O grupo cabeceiro, que foi perdendo compoñentes, traballaba moi forte, sabedor de que si chegaban á última transición cunha distancia importante o vencedor sería para un dos seus integrantes. O primeiro grupo arribou á T2 con 1 minuto e 40 segundos sobre o segundo.
A proba tiña un certo parecido co que sucedeu a última cita das Series Mundiais, en Hamburgo. E cando comezou a carreira a pe, a semellanza comezaba a ser preocupante: Gómez Noya e Vincent Luis decidiron marcar un ritmo moi alto que ningún outro deportista puido aguantar. 
Así, na primeira volta ambos deportistas ían xuntos, pero o ferrolán decidiu non esperar ao sprint final, no que en principio é mellor o francés. Na segunda volta Javi atacou e deixou atrás a Luis, que non puido engancharse ás costas do ferrolán. 
Aínda quedaban moitos quilómetros por diante, pero Gómez Noya seguiu con ritmo moi alto e constante que lle permitiu chegar a meta en solitario. A segunda posición foi para Vincent Luis e a terceira para Richard Murray, mentres que  Mario Mola rematou sétimo.

Gómez Noya gaña no circuíto dos Xogos de 2016

Te puede interesar