11:41 h. Domingo, 21 de diciembre de 2014

 

Galicia convértese esta fin semana na capital nacional

| Actualizado 14 Julio 2012 - 02:00 h.
Vota esta noticia:
Más acciones:
a bandeira de o grove serã¡ hoxe a primeira das dãºas probas da liga san miguel	ac
a bandeira de o grove serã¡ hoxe a primeira das dãºas probas da liga san miguel ac

 

A Liga San Miguel, a Liga Galega A e B e a Liga de Veteranos coinciden esta fin de semana en Galicia para a realización das súas respectivas regatas, catro na xornada de hoxe e tres na de mañá.

A San Miguel visitará por primeira e única vez as augas da nosa Comunidade coa disputa da I Bandeira Euskadi Saboréala, en O Grove, e a XXX Bandeira Concello de Moaña, en Tirán.

Un total de 12 traiñeiras, entre elas Tirán, competirán hoxe, a partir das 18.00 horas. Esta Bandeira está organizada pola ACT en colaboración con Mecos-Mondariz, un dos fundadores desta competición que neste 2012 alcanza a súa décima edición. A segunda cita será mañán, a partir das 12.00 horas. Ambas serán retransmitidas en directo pola TVG2.

A V Bandeira Concello de Ares, que dará comezo ás 18.00 horas de hoxe, e a XXVI Bandeira Concello de Redondela, que arrincará mañá a partir das 12.00, serán as regatas da Liga Galega A, competición comandada por Chapela, que terá como principal rival a Amegrove.

A Liga Galega B desprázase a Rianxo e O Grove. Hoxe dispútase a VIII Bandeira Concello de Rianxo (18.00 horas) e mañá a XXVII Bandeira Concello de O Grove (12.00). Nesta competición participa Salgado-Perillo, que non pode permitirse máis erros se non quere que se lle escapen as posición de ascenso.

A clasificación, con dúas regatas disputadas, está liderada por Mecos-Mondariz con 15 puntos, seguida de A Pobra con 13 e de Robaleira con 12. Salgado-Perillo é sexta, con 9 puntos.

A tripulación oleirense non formará parte, na regata do sábado, da quenda de honra, ó tomar como referencia a clasificación xeral, polo que a primeira quenda estará formada por Salgado-Perillo, Morrazo, Cesantes e Coruxo, e na segunda quenda tomarán a saída Mecos-Mondariz, A Pobra, Rianxo, Robaleira e Esteirana. n