O Fillos e o Fillas acadaron dúas vitorias en Santiago

O Fillos e o Fillas acadaron dúas vitorias en Santiago
Os dos conxuntos coruñeses amosaron unha pancarta reivindicativa e solidaria hcl



A estrea da Liga Galega non puido ser mellor para o Fillos e o Fillas de Breogán, que traen de terras compostelás dúas vitorias fronte os equipos de Estrela Vermelha en dous partidazos nos que amosaron a solvencia co que afrontan esta nova temporada.
A xornada comezou co partido entre o Fillos e o campión das últimas Ligas e rival polo título nesta campaña. Os xogadores de Dani Vázquez e Pedro Villarino, de estrea tamén como adestradores, saíron ao campo mentalizados da importancia do encontro para situar as verdadeiras aspiracións do equipo fronte a campaña.
O cadro herculino soubo impoñer un xogo vertical aproveitando a rapidez dos seus dianteiros, especialmente Juan Fariñas, ainda que 11 compostelán soubo contrarrestar o ímpeto inicial dos breoganeiros. Con todo, a primeira parte converteuse nun intercambio de golpes que rematou con 11-10.
Na segunda parte trocou o panorama: os locais saíron máis conectados e conseguiron abrir unha fenda de 8 puntos. Con todo, e a falta de 5 minutos, un gol do Fillos conectou o equipo de novo no partido. A partir de aquí, estableceuse un dominio incuestionable dos coruñeses, que lle deron a volta ao marcador con 3 goles, 2 de Fariñas y 1 de Dani Vaamonde, para gañar por un axustado 20-22.
Pola súa banda, o Fillas amosou a contundencia que lle é característica. O equipo, dirixido por Iago Pedreira e con moitas caras novas, amosouse moi firme e contuntende desde os primeiros compases, cunha férrea defensa e un gran ataque. O marcador final, 12-37, fala ás claras da superioridade das vixentes campioas ligueiras sobre o conxunto compostelán. n

O Fillos e o Fillas acadaron dúas vitorias en Santiago

Te puede interesar