O Concello promove a presencia do Basquet Coruña nos actos da Copa

O Concello promove a presencia do Basquet Coruña nos actos da Copa

Pazo de María Pita acolleu na mañá onte a presentación das actividades complementarias á celebración da Copa do Rei de Baloncesto 20156, cuxa 80ª edición terá lugar do 18 ao 21 de febreiro no Coliseum. De xeito alternativo, desde o día 17 até o día 21, ExpoCoruña acollerá a celebración da Minicopa de baloncesto e a F an Zone , a zona lúdica de acceso gratuíto no que poderán seguirse os partidos da fase final da Copa e na que o Concello da Coruña promoverá a Casa do Baloncesto Galego. 
O concelleiro de Deporte, José Manuel Sande, salientou que os “xogadores do primeiro equipo e tamén das categorías inferiores” do Basquet Coruña contarán con presenza neste espazo, así como o equipo anfitrión, o Obradoiro de Santiago. O obxectivo, segundo Sande, é vincular un stand ao Basquet Coruña “como unha forma de expresar a participación do club local” e que “poida propoñer actividades”. Neste espazo alternativo, as persoas que visiten ExpoCoruña poderán adquirir material ou equipacións do club, así como facer o abono da tempada. O concelleiro destacou a “implicación” do Goberno local co “deporte base e a formación”, en particular cos aspectos pedagóxicos, “non só vinculados á competición, senón ao deporte en si”, e salientou que as categorías inferiores do Basquet Coruña realizarán visitas e actividades no recinto durante a celebración do evento.

Zona 'fan'
A zona ‘fan’ da Copa do Rei 2016 será de acceso gratuíto e contará con distintos stands, entre os que se atopa a Casa do Baloncesto Galego co Basquet Coruña e Obradoiro. Desde o mércores 17 celebraranse numerosas actividades, entre as que se inclúe a proxección no auditorio dun documental sobre as fases finais da Copa do Rei. 
Tamén, o recinto coruñés acollerá unha exposición de 80 fotografías nas que se presentan diferentes momentos históricos dun torneo que se iniciou en 1933 e que este ano cumpre a súa 80 edición. Ademais de visitar os numerosos stands –entre os que se atopa a Casa do Baloncesto Galego– que amosarán trofeos e material baloncestístico, ou zonas de restauración, todas aquelas persoas que así o desexen e non teñan entrada para a Copa do Rei (esgotáronse as 6.000 localidades á venda na primeira semana) poderán ver todos os partidos que se celebren no Coliseum a través dunha pantalla de 52 metros cadrados instalada no recinto. As entradas para poder acceder á F an Zone poderán retirarse na mesma taquilla ou a través da web h ttp://copadelrey.com/copafanzonemovistar/, na que poden consultarse os horarios do evento.
Durante a celebración da Copa do Rei de Baloncesto tamén terá lugar a da Minicopa, a competición deportiva na que participarán xogadores de 12 a 14 anos, cuxo sorteo de grupos celebrouse onte. O torneo contará por primeira vez con oito combinados infantís de equipos da Liga Endesa.
O FC Barcelona Lassa, Movistar Estudiantes, Real Madrid e Unicaja formarán parte do grupo A mentres que o Cenor Obradoiro, FIATC Joventur, Gran Canaria e Valencia Basket serán membros do grupo B. A competición celebrarase en ExpoCoruña a través da instalación de dúas pistas no recinto local. A primeira xornada terá lugar o venres 19 de febreiro, desde as 10.00 da mañá até as 18.30 horas, e a segunda o sábado, 20 de febreiro, no mesmo horario. A final decidirase, tamén por vez primeira, no mesmo espazo no que se dispute a Copa do Rei. Deste xeito, o Coliseum acollerá o partido entre os equipos gañadores do grupo A e B o domingo 21, ás 12.15 horas. Este encontro e os previos á final poderán seguirse por streaming a través da canle de Youtube da ACB.

O Concello promove a presencia do Basquet Coruña nos actos da Copa

Te puede interesar