O clásico galego quenta motores

O clásico galego quenta motores
02 mayo 2011 / 20 abril 2012 Judo XXIII edición del Trofeo Miguelito

Este domingo vaise celebrar  no Coliseum de A Coruña a 28ª edición do Trofeo Miguelito, coa participación de máis de 3.000 xóvenes judokas de toda Galicia, e cunha previsión de público en torno aos 20.000 asistentes, sumadas as catro quendas.
A competición comezará ás 9.15 horas, a segunda quenda será a partir das 10.15, a terceira  desde as 11.45 e a derradeira comezará ás 13.15. A entrega será preto das 14.30. Toda a información relativa ao evento pode ser consultada en www.trofeomiguelito.com. 
Na parte técnica, o Miguelito conta con cinco niveis que cobren un programa de judo pé, onde os judokas desde os 4 ou 5 anos facendo o primeiro nivel, evolucionan ata os 13 ou 14 anos en onde realizan o quinto coa técnica que requiren ditos movementos. No aspecto didáctico, os cinco niveis marcan a evolución dos judokas no seu ciclo escolar tanto a parte do judo deportivo como a parte da defensa persoal. A cualificación destes movementos por parte dos xuíces cunha boa nota, dará a garantía de que estamos ante bos judokas.
O obxectivo e conxugar a calidade técnica coa festa e a cultura, é por elo paralelamente se vén realizando un concurso de debuxo entre todos os participantes que consta de dous fases; unha delas no colexio, e de entre os gañadores de dita fase realízase a segunda no Coliseum coa exposición na entrada principal de todos os debuxos finalistas, dos cuales prémiase aos cinco mellores.  
O ano pasado, os gañadores dos premios de técnica foron: CEIP Manuel Murguía (145), CEIP Alfredo Brañas (146), EDM Cerceda (147), San Pedro De Visma (148) e Judo Club Karbo (149). n    redacció

O clásico galego quenta motores

Te puede interesar