Este será o calendario de actuacións do Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

O certame está organizado polo IES Rosalía de Mera
Este será o calendario de actuacións do Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña vén de presentar o calendario de actuacións do XXV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado, organizado polo IES Rosalía de Mera, centro dependente da institución provincial.

 

Representaranse un total de 69 obras, que comezan o venres, 5 de abril, coa representación da obra ‘El sorteo de Cásina’ de Cía Noite Bohemia, e rematan o sábado, 8 de xuño con ‘El perro del hortelano’, da mesma compañía.

 

Ao remate de todas as funcións, no mes de xuño, o Teatro Colón acollerá unha gala final de clausura para facer entrega dos premios do certame.

 

A entrada para todas as obras é totalmente gratuíta e a apertura de portas realizarase 10 minutos antes do comezo das actuacións.

 

Trátase dun certame de carácter provincial, aínda que está permitida a participación de entidades, compañías e centros educativos que non pertenzan á provincia da Coruña. Así mesmo, tamén poderán presentarse entidades, compañías e centro educativos de fóra de Galicia.

 

As obras pertencen a calquera xénero teatral nas categorías benxamín, infantil, cadete, xuvenil e sénior.

Este será o calendario de actuacións do Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

Te puede interesar