Xoán Crespo gaña o XIII Premio Luís Ksado da Deputación por “Mascaritas. Entroido solitario”

Xoán Crespo gaña o XIII Premio Luís Ksado da Deputación por “Mascaritas. Entroido solitario”
Xoán Crespo expuxo as fotografías en marzo na sala Nautilus | quintana

Cando Xoán Crespo retratou o Entroido pensou naquelas máscaras que lle amedrentaban sendo neno e que agora lle transmiten unha mestura de atracción e tenrura. Pola atmósfera nas que as envolveu, fóra dos baños de masas, a Deputación distinguiu onte a proposta de Xoán Crespo “Mascaritas. Entroido solitario” co XIII Premio Luís Ksado. Na resolución do certame, o xurado destacou como principais valores da serie do fotógrafo a súa visión, que quedou reflectida a través dunha variedade de personaxes e escenarios particulares que conseguiu por medio dos propios retratos e despois de percorrer as aldeas cunha cámara ao lombo. A colección supón, segundo os expertos, “unha visión única e diferente dun tema que foi moi visitado por medio da fotografía cunha óptica particular e distinta”.
A institución provincial non foi a única que se detivo diante das imaxes, atraídos por esa maneira de plasmar este costume popular. O artista foi seleccionado por este traballo para participar en EntreFotos de Madrid e na Cultur3 de Gijón.
Coas imaxes, Crespo busca respostas que fagan comprender a el e ao resto esta tradición arraigada en Galicia. O resultado, que puido verse en marzo na sala Nautilus, obtén agora recompensa para un pontevedrés, que reside en Santiago e traballa como fotoxornalista na Xunta desde 1992. Estudou fotografía no Institut d´Estudis Fotogràfics de Catalunya. Do seu traballo destaca que se centra, “preferentemente, nas persoas, as relacións co seu entorno e a identidade”.


A súa obra foi parte de exposicións colectivas como “Galicia en foco”, en Ferrol 1995, “Rexistro de imaxes, Santiago de Compostela, 2005, “Mulleres no obxectivo”, Santiago de Compostela 2011, “Welcome”, A Estrada 2012, ademais de individuais como a do Matadero en Madrid 2016 ou a da sala de Azcárraga. Os especialistas que elixiron a súa proposta foron José María Mellado, Sofía Moro, Tamara De la Fuente, Sandra Alonso Díaz, Francisco Rodríguez Pastoriza, e coa xefa de servizo, Mercedes Fernández Albalat como secretaria e a vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín, en calidade de presidenta. O premio consiste en 6.500 euros, a edición do catálogo e unha exposición xunto coas outras coleccións seleccionadas- que itinerará por dez concellos.

Xoán Crespo gaña o XIII Premio Luís Ksado da Deputación por “Mascaritas. Entroido solitario”

Te puede interesar