Santiago Lopo gaña o oitavo premio Repsol coa obra “A diagonal dos tolos”

Santiago Lopo gaña o oitavo premio Repsol coa obra “A diagonal dos tolos”
El Ideal Gallego-2014-09-27-017-b2bbf012

Santiago González Lopo convencía por maioría ao xurado do oitavo Premio de Narrativa Breve Repsol pola súa habelencia á hora de dosificar a intriga na historia e a súa proposta “A diagonal dos tolos” resultaba gañadora dun premio no que a Refinería se compromete coa lingua e onde figuras emerxentes do panorama literario danse a coñecer.
Neste caso, o vigués sitúa ao lector na illa Reunión, de nacionalidade francesa e plantada no oceáno Pacífico, á que viaxou nun momento dado e da que recolleu recortes, en concreto, dunha carreira mitificada polos amantes do running que leva aos participantes a circundar o terreo en tres días, nos que apenas dormen para percorrer 160 kilómetros. Contaba o autor que o circuito supón para o protagonista do conto un esforzo físico, pero tamén unha viaxe instrospectiva. A competición marca o ritmo no que sucede a trama, á que Santiago se encargou de alimentar de interese porque sinala que todos os seus escritos caracterízcanse por tratar de “tirar do lector e non aburrir”.
Dicía a representante do xurado e última gañadora do premio, Berta Dávila, que se trata dunha narración na que conflúen duplicidades e que se formula como a fuxida de si mesmo. En medio dunha paisaxe de vexetación exuberante da que o escritor quedou prendado, a acción leva implícita una reflexión sobre o home postcolonial e a débeda histórica.
O texto, dotado con 12.000 euros ao destacar por riba dos outros 30 presentados, vai rebelando “o obxectivo da carreira, quen corre e porque o fai”, algo que vai en consonancia coa propia historia da illa. Para iso, Santiago trazou un esquema da duración da proba para repartir o suspense en 50 folios que sairán publicados da man de Galaxia.
Neste aspecto, o vicepresidente da Fundación Repsol, César Gallo, falaba onte da suma de esforzos por facer que o premio medre por parte da Xunta que colabora igual que a Real Academia Galega, a Asociación de Escritores en Lingua Galega e o propio selo editorial. O secretario de Política Lingüística, Valentín García, afirmaba pola súa parte que o libro non fará máis que enriquecer a literatura do país.

Santiago Lopo gaña o oitavo premio Repsol coa obra “A diagonal dos tolos”

Te puede interesar