Santa Margarita acollerá unha exhibición de empanadas a beneficio da Cociña Económica

Santa Margarita acollerá unha exhibición de empanadas a beneficio da Cociña Económica
25 agosto 2014 A Coruña.- Las fiestas de María Pita concluyen con la popular romería de Santa Margarita El público pudo degustar las empanadas que se presentaron al concurso

A romaría de Santa Margarita non será este ano testemuña das peleas por conseguir un trozo de empanada no tradicional concurso que congregaba no anfiteatro a expertos en condimentar masas con ricos preparados. Nesta edición, serán os máis necesitados os que teñan o pracer de degustar os manxares xa que dun concurso económico, Cultura pasa a organizar unha exhibición deste produto, que se levará á Cociña Económica. Os actos pensados para a festa popular concentraranse todos mañá para comezar coa recepción das empanadas de 11.00 a 12.00 horas. Alí, daranlle a benvida aos que teñen nas súas mans o ingrediente da solidariedade e que verán recompensado o seu esforzo con entradas para ver á Sinfónica de Galicia. 
O concelleiro de Cultura, José Manuel Sande, xustificou o cambio porque “nos parecía interesante ir da parte económica á solidaria”, indicou o responsable municipal, quen sinalou que as persoas participantes serán agasalladas con dúas localidades para un concerto do ciclo de abono do sábado  da Orquestra Sinfónica de Galicia, dentro do respaldo do Goberno local pola actividade cultural da cidade e pola propia Sinfónica.
A decisión vén da “austeridade, pero tamén do xiro económico que se lle trata de dar ás festas. Non só pola situación económica senón  pola valoración real que deben ter unhas festas”, subliñou Sande. Como adiantou, as actividades comezarán ás 11.30 horas cun pasarrúas a cargo da asociación cultural Donaire. De 11.00 a 12.00 horas horas abrirase o período de recepción de empanadas (sen que sexa precisa a inscrición previa) e, de 12.00 a 12.30 horas desenvolverase a exhibición. A actividade terá lugar dentro do centro cívico de Santa Margarita. Ao mesmo tempo, poderase escoitar á Banda Municipal, na escalinata da Casa das Ciencias.
Xa pola tarde, ás 17.00 horas, terá lugar o espectáculo do Mago Rafa e ás 18.30 horas volverá actuar Donaire para dar paso ás 21.00 horas tocará á orquestra Miramar. O disparo pirotécnico co que se pecha o programa dará comezo ás 23.00 horas.

Santa Margarita acollerá unha exhibición de empanadas a beneficio da Cociña Económica

Te puede interesar