A rehabilitación da Real Fábrica de Tabacos da Coruña converte o inmoble nun modelo de edificio xudicial

A rehabilitación da Real Fábrica de Tabacos da Coruña converte o inmoble nun modelo de edificio xudicial
O edificio conserva a fachada principal da plaza da Palloza, que data de finais do século XIX quintana

As obras contempladas no proxecto de rehabilitación do edificio da antiga Real Fábrica de Tabacos para infraestruturas xudiciais, teñen por obxecto converter este histórico inmoble nun edificio xudicial, modelo en toda Galicia e toda España.
Esta rehabilitación, que conta cun importante investimento de máis de 16 millóns de euros, dotará á cidade da Coruña dun edificio xudicial sen parangón, consolidando as infraestruturas xudiciais da cidade e recuperando para uso de todos os coruñeses un inmoble senlleiro e emblemático para a cidade herculina.
A nova sede xudicial albergará a Audiencia Provincial, a Fiscalía Provincial (incluída a fiscalía de menores), o Xulgado de menores, o Xulgado de vixiancia penitenciaria, as oficinas de la Secretaría Provincial de Coordinación, as oficinas da Xunta Electoral Provincial, e a Mutualidade Xeral de Funcionarios de Xustiza, que albergarán case 200 traballadores, e que permitirán incrementar nun setenta por cento a superficie das unidades xudiciais actuais, resolvendo os problemas de espazo para os vindeiros vinte anos. Esta gran reforma permitirá dotar á Administración de Xustiza da Coruña dunhas infraestruturas idóneas para os que nela traballan e para os milleiros de cidadáns que as utilizan cada día.

Distribución
O edificio desenvólvese en catro plantas: soto, baixa, primeira e segunda e a superficie total construída é de 18.740 metros cuadrados. Na obra de restauración mantívose a fachada principal da praza da Palloza, que data de finais do século XIX.
Entre os espazos singulares atópanse os patios existentes que se destinan integramente á circulación do público e os accesos a xulgados, colexios profesionais e salas de audiencia. Outro espazo singular é a biblioteca e as salas de usos múltiples situadas na primeira planta. Finalmente, están as catro salas de Audiencia Provincial e unha sala de vistas para os dous xulgados.
Os espazos de traballo para xuíces, letrados da Administración de xustiza, fiscais e funcionarios resólvense situando os despachos no perímetro exterior do edificio e as oficinas de tramitación nas alas centrais.
Tamén son de resaltar os espazos correspondentes a instalacións no soto, zonas previstas para o arquivo en distintos lugares do edificio e as celas de detidos no soto.
Esta actuación enmarcase no Plan de Infraestruturas Xudiciais posto en marcha pola Xunta e dotado con preto de 100 millóns de euros, o que permite levar a cabo actuacións fundamentais e moi necesarias nos partidos xudiciais galegos.
O Plan de Infraestruturas Xudiciais representa ademais unha aposta pola colaboración entre dministracións, xa que son os concellos os que poñen á disposición da Administración de xustiza os terreos ou edificios para a súa rehabilitación, e a Xunta é a que se encarga de construír as infraestruturas.
Ademais, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, lembrou que se están a implantar en Galicia os medios tecnolóxicos ao servizo da xustiza a través do Plan Senda 2020 e, ao seu carón, a progresiva nova oficina xudicial. Un dos primeiros froitos desta modernización é a sede xudicial electrónica, sendo Galicia a primeira autonomía en aplicala.

A rehabilitación da Real Fábrica de Tabacos da Coruña converte o inmoble nun modelo de edificio xudicial

Te puede interesar