Proxecto Cárcere traza as liñas de 2015 nun encontro en Manicómicos

Proxecto Cárcere traza as liñas de 2015 nun encontro en Manicómicos
22 junio 2014 A Coruña.- La plataforma Proxecto Cárcere celebra un taller de autogestión de espacios

Proxecto Cárcere collerá hoxe folgos para 2015 nunha xornada de convivencia “Descubrindo o futuro” na asociación Manicómicos, onde Carmen Cotelo falará da súa experiencia na “Ciudad y Circo de los Muchachos”, fundada polo padre Silva no ano 1966 en Benposta (Ourense), e na que entre todos explorarán os diferentes roles que interactúan nos grupos e como teñen influído neles nunha posta en común que titulan “De abellas a vacas... pasando por bolboretas”. No encontro, os membros da asociación que busca unha segunda vida para a prisión que pase pola autoxestión e por darlle contidos culturais e sociais trazará as liñas dun ano que se presenta cunha interrogante xa que as eleccións poderían cambiar o rumbo do edificio.
Conta Xosé Lado que toda a oposición está disposta a facer do cárcere un bloque de todos no que os distintos movementos, asociacións ou particulares amosen as súas propostas. Neste aspecto, desde Proxecto Cárcere destacan que alo menos hai vontade por parte dos distintos grupos políticos de levalo a cabo.
Por iso, a intención é xuntar ás forzas nunha reunión, incluido ao actual goberno municipal, para reflexionar sobre o tema. Por outra parte, Xosé critica a desinformación do Concello que no pasado mes de setembro non os tivo en conta para deixalos estar na inspección técnica do edificio: “Non contestaron ao escrito”. Tampouco entenden que haxa un garda as 24 horas do día vixiando o inmoble, que “veñen a ser 200.000 euros ao ano”, en tres turnos, cando eses cartos poderían ser empleados na rehabilitación do espazo. Nestes momentos, a agrupación segue adiante e ten pensado acoller en abril un encontro da Red Transibérica de Espacios Culturales Independientes, da que forman parte, para meter experiencias na mochila que desplegar chegado o momento.

Proxecto Cárcere traza as liñas de 2015 nun encontro en Manicómicos

Te puede interesar