8:46 h. Lunes, 21 de mayo de 2012

 

Morre o patriarca dos Seivane aos 90 anos de idade

| Actualizado 27 Enero 2012 - 13:39 h.
Seivane en el obradoiro de gaitas  /  Quintana
Seivane en el obradoiro de gaitas / Quintana

Xosé Manuel Seivane morría esta mañá en Cambre aos noventa anos de idade despois de darlle unha volta á gaita galega e de abastecer aos músicos con pezas únicas que o vello mimaba coma se fosen as primeiras, un instrumento que o acompañou de ben novo cando estaba co gando en Fonmiñá e non deixou de estar ao seu lado ata o final.

O experto explicaba neste xornal hai menos dun ano que seguía desfrutando do mesmo xeito que ao principio cando se atopaba cunha gaita ben feita. Que tiña a mesma sensación que cando construiu a primeira sen saber nada, axudado nada máis que por unha pequena enciclopedia sobre ferramentas vellas. De alí o patriarca dos Seivane colleu apuntes do torno de ballesta.

El mesmo fixo os calibres sacandos mostras e arrastrando de compás para medir as notas do punteiro. Dese primeiro experimento á hoxe pasaron setenta anos nos que a gaita medrou ao mesmo tempo que Xosé Manuel e adoptou o si bemol para chegar a rexistros que nunca obtivera. O instrumento tocou rock and roll e mudou o timbre. Seivane explicaba que agora xa non soaba tan a Galicia. Do primeiro taller en Fonmiñá ata Ribeira de Piquín, onde casou e continuou a fabricar foles para acabar en Cambre, Seivane protagonizou todo un proceso evolutivo no que o instrumento deixou de ser buxo para facer uso do granadillo que vén de Tailandia.

O construtor de gaitas sinalaba que á vez que ela acordou ser máis esixente, o cliente volveuse tamén caprichoso e pedía formas rústicas para a súa propiedade con son. Seivane non deixou de estar presente na fábrica ata o último a pesar de que formalmente lles deixara o taller aos seus fillos Xosé Manuel e Álvaro. Hoxe o mesmo lugar que el elexiu para darlle un pulo ao mundo da gaita, deixará de afinar pezas con palleta para despedir a un grande.

Vota esta noticia:
- 0 Comentarios
Más acciones:


El Ideal Gallego en la red



Lo + en El Ideal Gallego