• Domingo, 11 de Diciembre de 2016

XOSÉ A. TOURIÑÁN HUMORISTA

“É mellor ser imbécil que non outras cousas”

Cando un escoita a palabra “monólogo”, inmediatamente debuxa na cabeza un taburete e un micro. Nada que ver co que ten preparado Eme2 e Xosé A. Touriñán en “Monólogo do imbécil”, 

“É mellor ser imbécil que non outras cousas”
O espectáculo carece de decorado
O espectáculo carece de decorado

Cando un escoita a palabra “monólogo”, inmediatamente debuxa na cabeza un taburete e un micro. Nada que ver co que ten preparado Eme2 e Xosé A. Touriñán en “Monólogo do imbécil”, que vén hoxe e mañá, ás 20.30 horas, ao teatro Colón. Alí, o humorista será Santi Prego, un imbécil oficial que resulta non selo tanto porque ao final, o protagonista darase conta da razón que ten a sociedade para marcalo con esa condición e “os espectadores concluirán que é mellor ser imbécil que non outras cousas”.
Touriñán asegura que ao personaxe se lle quere, “é imbécil coma eu” e con mala sorte: “A vida saiulle así, toda cruzada”, pero a historia escrita por José Prieto ten final feliz: “Encóntralle o sentido” e as luces, que son as que van guiando a biografía contada de Santi, serán as únicas compañeiras do actor enriba do escenario: “Como intérprete salto un pouco ao vacío, so hai unha silla, non existe a escena como tal, o espazo é negro e diante está o público”, que verá unha montaxe valente, segundo o de Carral: “Eu díxenlle a Prieto, ‘¿Que costa meterlle unha cores?’, pero son cousas do teatro”.
Recén chegado de gravar a serie “Hotel Vidago” en Portugal, o que fai de cura afirma que a experiencia foi moi boa porque se achegou a un gran equipo luso de actores, que son maioría nunha coprodución que esperan estrear na TVG nos vindeiros meses.
Ademais remexe un especial de Nadal na televisión e unha xira de Mucha e Nucha, que voltarán á escena en 2017 para celebrar o seu 15 cumpreanos: “Aínda non temos pensado o que imos facer en maio, pero rescataremos tamén aos outros personajes e, por suposto, o de Mucha e Nucha co que nacimos Marcos máis eu”.
Tampouco descarta darse unha volta polo país enfundando no chandal no seu papel de “gorrilla” e con Roberto Vilar da man. Confesa que moita xente lles propón un aparte, e igual ca Joao Simoes no seu día e Ricardo ao que lle atropellan os coches, “os gorrillas encántanlle a toda Galicia”. Por iso, dubida se o toque koruño que teñen é, en realidade, un “especimen chandaleiro” que se repite por toda a xeografía do país: “Vaia por onde vaia, ten moito éxito”.
Do enfado de Los Gemeliers en “Land Rober” recorda que “son moi novos, pero que volvan cando queiran” porque Touriñán entende que a “calquera nesa situación que están eles lle pode pasar. Tampouco sei como funciona unha estrela xuvenil”. E o humor, que está por riba de todo aínda cando toca poñerse serio, será o que conduza á butaca pola reflexión de que vale máis un imbécil que outra clase de raza.