Manicómicos critica a falta de respeto de Cultura ao non planificar con tempo

Manicómicos critica a falta de respeto  de Cultura ao non planificar con tempo

A asociación cultural Manicómicos facía onte público un manifesto no que máis que criticar a decisión do Concello de omitir o seu festival dentro do programa de festas, denunciaba o xeito de traballar da Concellería de Cultura, que non os avisou de que prescindía da actividade até hai un mes, cando o colectivo xa tiña contactado con distintas compañías de fóra.

Os voceiros encargados de ler o escrito tildaban este modo de actuación de “non digno”, cun proceso que comezaba hai tempo e que resumían en dous meses de conversas co Concello sobre unha proposta fixa que eles mastigaron meses antes e sobre a cal Cultura tardou entre tres e catro semanas en respostar. A razón foi textualmente “un cambio de opinión”. Máis en concreto, “optaron pola decisión de non confirmar como se iso significase un non”.

Tildan de degradante que lles convidaran
a actuar en “Faranduleando”
sen poder decidir nel

Ese período de tempo en branco impediu ao colectivo poder optar ás distintas axudas que recibía por parte doutros organismos públicos e que destinaba á cita de agosto. Contaban que en 2011, o colectivo xuntaba 15.000 euros do Concello, 5.000 do Ministerio de Cultura, 4.000 da Deputación, 2.500 de Gadis e 1.600 do Agadic. Isto sumaba unha cantidade de 28.100 euros, que non chegou para cubrir os 33.000 euros de gastos que supuxo a posta en escena de trece artistas e as súas conseguintes trinta funcións. A diferenza correu a cargo do colectivo, que non sacou ningún beneficio do evento.

Por iso, Manicómicos quere facer unha chamada de atención ante o que consideran unha falta de respeto e sobre unha actitude, a do Concello, que non lles deixa marxe para planificar absolutamente nada. Lembran que tanto o festival de verán como o de marzo precisan de meses de preparación polo que “non podemos traballar dependendo dos vaivenes” da Concellería porque é inviable. Este modo de facer as cousas, engaden, xa o veñen demostrando en anteriores colaboracións. Aínda así non descartan seguir ofrecendo as súas iniciativas independentemente das relacións que manteñen co goberno e coas persoas que están ao fronte de Cultura: “Non sei o obxectivo deles pero o noso é o de fomentar a cultura”, sinalaba un dos membros.

Por outra parte, a asociación acúsaos de apropiarse “dalgunha das súas ideas” e de levalas a un programa, “Faranduleando”, onde se inclúen dous dos espectáculos que o colectivo programara como son o de Kamchátka e La industria teatrera “De paso” e que segue o mesmo modelo de actuacións que eles incularon no centro e nos barrios da cidade.

Afirman que si é verdade que lles propuxeron actuar no mesmo pero a modo de colaboración e sen capacidade de decisión a modo de “nós vamos a dicir todo e vós podedes colaborar”. Neste aspecto, a Manicómicos parécelles degradante que os convidaran a participar “nun festival no que non podemos decidir e con mano de obra gratuita”. n

 

Manicómicos critica a falta de respeto de Cultura ao non planificar con tempo

Te puede interesar