“In/Separables” indagará a relación entre os nenos e os obxectos dos que non se despegan

“In/Separables” indagará a relación entre os nenos e os obxectos dos que  non se despegan

“In/Separables” dirixirase a preto de 300 alumnos do ciclo de Infantil. Será experimento e tamén lección para os rapaces que adoitan a escoller un obxecto e este funciona como unha prolongación do seu corpo. Conta o coordinador da idea, José María Mesías, que non necesariamente o elixen pola estética. 
Por iso, 15 mestres de distintos centros educativos estudarán a relación que espertan as cousas nos pequenos e a razón artística que hai entre amuleto e cativo. A Fundación Luís Seoane e a Universidade comezarán hoxe a traballar nunha proposta onde participarán os creadores Juan Lesta e Belén Montero, de Esferobite; Cristina Montero, Jas Processor, Guillermo Calviño, Tiffany López y Anto Rodríguez, dirixidos por Mesías. 
Cunha duración de tres meses, a iniciativa centrarase na observación das características físicas que fan deses obxectos un imán e un vínculo de apego inseparable. 
Din os pilotos da idea que hai obxectos con vida propia e que manteñen unha relación sensible con persoas até o punto que son a orixe de relatos vitais únicos. A actividade adentrarase nesas rutinas que se establecen entre eles desde unha perspectiva educativa e artística. 

Fases
Durante setembro, desenvolveráse a fase de investigación en formato de laboratorios artísticos na Fundación Seane. En outubro, os artistas traballarán en residencia nas aulas e compartirán ideas coas mestras e cos nenos para pasar a un mes de decembro, no que se presentará o resultado ao público en formato performativo de Live Cinema, que é unha tendencia artística dentro do contemporáneo. Nela mistúrase a performance, con proxeccións audiovisuais e música en directo creada especificamente para ese evento. 
Mesías contou que cada pequeno levará o seu: “Pode ser calquera cousa” e todas serán válidas e insustituibles, nunha forma de xuntar tamén arte e pedagoxía, segundo explicou na presentación o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande. l

“In/Separables” indagará a relación entre os nenos e os obxectos dos que non se despegan

Te puede interesar