IlMaquinario Teatro conquista os María Casares

IlMaquinario Teatro conquista os María Casares
Copia de El Ideal Gallego-2015-03-27-017-58737ee8

IlMaquinario Teatro conquistaba onte a decimonovena gala dos premios María Casares no Rosalía coa obra “Perplexo” erguendo até cinco xerras por mellor vestiario, iluminación, adaptación, espectáculo e dirección para Tito Asorey, que pedía aos gobernos que deixaran de axustar contas no sector. A festa do teatro galego aliñábase onte entre a reivindicación dos máis que falaban de acadar un convenio digno e o enxeño en forma de “troupe” de Elefante Elegante, cun monólogo da actriz Iria Pinheiro, sobre o presente “cando tivemos que baixar do poni”.

Moi preto de IlMaquinario, quedaron os de Chévere, que conseguiron por “Ultranoite no País dos Ananos” tres trofeos por mellor música orixinal, texto e actor secundario para César Goldi, quen non sabía contar as ultranoites que pasou pero si o que aprendeu. Nunha velada na que “A Tempestade”, de Voadora, que optaba a dez quedou con cero no casilleiro. E se Elina Luaces dicía que daba “certo gusto” recibir premio pola mellor intérprete en “Meu ben”, de Eme2, o mellor actor Machi Salgado falaba de soños cumpridos. Vicente Montoto, co premio de honra Marisa Soto, poñía cifras. As dos 42.000 amantes do teatro que non tiveron a posibilidade de acudir a disfrutalo, e do 50% dos videos nos que investiu a Xunta de artistas de fóra, que é a mesma cantidade que dirixen ao escénico. Por vez primeira se distinguía a un espectáculo infantil, “A casa do avó”, de Tanxarina, que trata o desafiuzamento. A eles, os que loitan contra “semellante inxustiza” foi a xerra máis cativa.

IlMaquinario Teatro conquista os María Casares

Te puede interesar