La Habitación Roja, Ariel Rot ou Coque Malla súmanse ao cartel do Noroeste

La Habitación Roja, Ariel Rot ou Coque Malla súmanse ao cartel do Noroeste
El Ideal Gallego-2015-07-23-014-b70b30e2_1

Cultura pon a primeira pedra para converter o Noroeste nun referente estatal, no que teñan cabida novas formas de entender a música. O cartel fará florecer o directo en tres escenarios  –a praza das Bárbaras, a de San Nicolás e o castelo de San Antón– e terá o seu prato forte en Riazor o 6 e o 7 cos concertos de Sidonie e Los Planetas, na primeira xornada, e León Benavente e os suecos Mando Diao como traca final. De oito formacións, o evento pasará a ter 31, 17 de orixe coruñesa, que se repartirán pola Cidade Vella. O concelleiro José Manuel Sande sinalaba que, a pesar de que as bandas locais soñan con tocar en Riazor, o feito de disparar acordes en espazos históricos tamén debe ser un revulsivo. 
Para as tres primeiras xornadas, o edil calcula 4.500 persoas na pista. En canto ás que copen o areal, a cifra non cre que difira ás acadadas outros anos. En concreto, a praza das Bárbaras abrirá un dos exes centrais das festas o 3 con Jaime Fifthring, Felix Arias, Luis Moro & The Tribeca’s Band para dar paso ao estilo particular de La Bien Querida. 
O enclave acollerá o 4 o directo de En Casa del Herrero, Thee Blind Crows, True Mountains e rematará con El Meister, que non é outro que Javier Vielba, a cabeza visible de Arizona Baby. Para o 5, están preparadas as actuacións de MJ Pérez, David Quinzán, Silvia Penide e Mäbu. 
San Nicolás recollerá bandas máis rockeiras como The Sonic Headlight,  o estilo surf de The Kanaloas, Familia Caamagno e Pablo Und Destruktion, quen traerá psicodelia, folk e blues metido todo no mesmo pote. A este escenario subiranse o 4 Say my name, The Trunks, Sensacional e La Habitación Roja con 20 anos de pop postos en bandexa. A praza despedirase o 5 con May-Thai y los Torino Rocket, The Hellbuckers, Fogbound e Cooper, abandeirado do mod nacional. 
En San Antón terán lugar veladas de corte máis intimista. A voz de Guadi Galego encherá o silencio deste trozo de terra que mira o mar o día 3. Coque Malla faralle o relevo o 4 para facer memoria sobre un trozo de pop do país e Ariel Rot xogará a deconstruir cancións. Tempo entón para degustar na praia un prato único chamado Sidonie e tararear estribillos con Los Planetas. 
As letras de León Benavente e o rock sen disfrazar de Mando Diao serán as propostas finais para a vixésimo novena edición dun Noroeste que ten pensado abrirse aínda máis en futuras entregas. 
Cun custe de 366.000 euros fronte os 500.000 desembolsados en 2014 –67.000 euros menos en contratacións–, o alcalde afirmaba que con paixón e coñecemento, “as cousas se poden facer ben”.

La Habitación Roja, Ariel Rot ou Coque Malla súmanse ao cartel do Noroeste

Te puede interesar