A cidade vestirase de “letras galegas” con rutas, xogos e teatro

A cidade vestirase de “letras galegas” con rutas, xogos e teatro
18 mayo 2014 página 13 A Coruña.- El Día das Letras Galegas se celebró en A Coruña con actividades dispares en muchos puntos de la ciudad

A cidade comezaba onte unha serie de celebracións polo día das Letras Galegas que levaban a Amancio Prada a cantarlle a Rosalía no Colón ou ao CGAI a proxectar dúas xoias cinematográficas con denominación de orixe coma “Os fenómenos” e “Angrois no esquecemento”. A efeméride adicada este ano ao pontevedrés Filgueira Valverde  seguirá festexándose hoxe cunha cita ás 12.00 horas en San Amaro. Alí estará esperando Xurxo Souto para iniciar unha ruta polas rochas empapadas de historia que se inspira en Ulyses Fingal, o alcume literario de Lugrís. De O Grelle a Macallás, os participantes percorrerán a identidade deste trozo de terra atlántica e coñecer lendas do mar.
A sala Gurugú fará ás 20.00 horas unha presentación dramatizada do libro de teatro infantil-xuvenil “Lingua de lato”, onde ademais haberá un coloquio e os autores Francisco Oti e Julio Fernández asinarán exemplares. En Afundación, os pequenos poderán participar nun taller de cantigas para crear un repertorio propio, cantalo e bailalo. Tamén se programará teatro durante todo o mes e a posibilidade de formar parte dunha campaña onde as chapas teñen voz e falan en galego. Así, tomando como referencia a choiva, a iniciativa trata sobre as distintas denominacións que recibe o fenómeno nas distintas zonas.
A festa terá o seu día grande mañá. En Méndez Núñez, os cativos poderán participar en xogos populares dirixidos polo paxaro Paporrubio e organizados pola Deputación e ás 19.00 horas, actuará o grupo infantil Mamá Cabra.
E se a librería Berbiriana fará unha posta en común a partir das 12.00 horas do legado literario na voz dos que escriben letras galegas coma Estíbaliz Espinosa, Fernán Vello, Xavier Seoane, Xulio Valcárcel ou Diana Varela, a Banda Municipal e Cantigas da Terra –co coro, grupo de baile e de gaitas– tocarán ao terruño, nun concerto ao aire libre en María Pita. A formación musical presentará no programa “Camiños da fin da terra”, de Antón Alcalde.

festa nos museos
Pola súa parte, o Día Internacional dos Museos terá hoxe eco na cidade con espectáculos de maxia, xogos tradicionais e até un home orquestra, nas casas museo de Picasso, María Pita e Casares Quiroga.
A Torre estará custodiada por un exército romano e o Muncyt organizará visitas teatralizadas. No Mac, os visitantes expresarán a súa impronta e en San Antón haberá un taller ceramista.

A cidade vestirase de “letras galegas” con rutas, xogos e teatro

Te puede interesar