5:41 h. Jueves, 17 de mayo de 2012

 

Casaron nun barco atracado no porto

| Actualizado 21 Febrero 2012 - 22:17 h.

Contaba Mercedes Boado que eles dous casaron no barco unha vez chegou Maruxa a Arxentina e despois de que el tivera que fuxir un ano antes. Ela pisou territorio americano sendo xa a muller de Seoane aínda que realmente non houbo ningunha outra na vida de Luís. Os dous coñecíanse de sempre porque eran curmáns. Este feito xuntounos cando tiñan nada menos que quince anos. Din os seus amigos que tiñan moitas cousas en común desde o xeito de pensar, compartindo ideoloxía esquerdista, e carácter xeneroso que tinguía o que facían.

Toda unha vida que fixo que cando morreu Seoane en 1979, Maruxa quedara descolocada no mundo. Ata ese momento fora peza indispensable no motor dun xenio que sería para a historia menos xenio se ela non existise. Explicaba Felipe Criado que foi a súa gran colaboradora en todos os niveis: “Una verdadera experta” que acendou o lume para que o artista creara faíscas nos distintos campos creativos, nas artes e no pensamento. Xavier destacaba a sinxeleza de Maruxa e a súa gran humanidade e tenrura. A compañeira culta e intelixente dunha das grandes figuras culturais e morais que pariu Galicia. Sinalaba o seu amigo que a el si que non lle queda grande o título de “home do Renacemento”.

Vota esta noticia:
- 0 Comentarios
Más acciones:


El Ideal Gallego en la red



Lo + en El Ideal Gallego