Oleiros - “Temos un concello bonito, pero sen opción ningunha”

Oleiros - “Temos un concello bonito, pero sen opción ningunha”
Copia de El Ideal Gallego-9999-99-99-999-7c3fa909

Licenciado en Filoloxía Galega, Fran Rei, veciño de Santa Cruz, de 33 anos, e tamén “primeirizo” no de presentarse a unhas eleccións municipais.

Que leva ao BNG a presentar a un novo candidato a estas eleccións?
Pois foi tan só que o partido xa sabía desde hai tempo que Manuel Sarmiento (actual edil) xa dixera que él estaba disposto a presentarse unha vez. Ademais o proceso foi normal e con toda a naturalidade. Primeiro fixemos o programa e despois falamos de nomes. Logo viñeron as primarias e en asemblea elixíronme a mín por unanimidade.
Non impón presentarse a unhas eleccións municipais contra alguén que leva tanto anos en política?
A min non me da medo ningún. Tanto os meus compañeiros como a min mesmo non tememos nada a responsabilidade. Ademais eu vexo dende o outro punto de vista, xa que nos representamos a frescura, a renovación e unha perspectiva nova. Tamén podo dicir que pola rúa, independentemente de que nos vaian a votar ou non, dinnos que se alegran de que se presenten novas caras.

Que propón o BNG se ten responsabilidades de goberno?
Un programa inclusivo e participativo, máis aló da propaganda. E cando falo de participación refírome a non presentar o orzamento ás asociacións o día antes do pleno para informalas dos cartos que se lles vai dar. Tamén variar a perspectiva económica porque xa rematou o “vicio do ladrillo”. Temos un municipio moi bonito pero non hai opción laboral ningunha”. n

Oleiros - “Temos un concello bonito, pero sen opción ningunha”

Te puede interesar